Adhesión das entidades colaboradoras ou proxectos propios da Universidade de Vigo

 Mediante a adhesión, as entidades, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica que desenvolvan programas ou proxectos de voluntariado no marco das áreas de interese xeral poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, persoas con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial, saúde, toxicomanías, medio ambiente, educación, cultura, ocio e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, infancia, xuventude, muller, persoas maiores, cooperación internacional e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).

Os servizos ou áreas da Universidade de Vigo tamén poderán beneficiarse do persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral.


As Entidades sen ánimo de lucro, ou Servizos /Áreas da Universidade de Vigo, deberán encher o seguinte impreso, asinalo, por duplicado, en tódalas follas e remitilo á Sección de Extensión Universitaria (se desexan a colaboración en varios proxectos/programas, deberán encher un por cada proxecto/programa de acción de voluntariado:

Compromiso de colaboración para accións de voluntariado

Unha vez recibido o compromiso de colaboración, debidamente cumprimentado e asinado, será tramitado e asinado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais. Un dos exemplares será remitido á Entidade.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal