Deportivas

O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de créditos optativos por actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación por un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos cursado.
 
Recoñeceranse as actividades físico-deportivas universitarias aprobadas pola vicerreitoría de Extensión Univesitaria e Relacións Internacionais, por proposta da área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, que contribúan a algún dos seguintes obxectivos:

- Adquirir ou consolidar hábitos de vida mais activos e saudables.

- Desenvolver competencias transversais relevantes na formación integral do alumnado.

- Proxectar os valores da universidade no resto da sociedade a través da colaboración en eventos físico-deportivos ou da participación en competicións deportivas.

O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.

 
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal