MITEU - As ondas das pedras no río

Aula de teatro de Ourense - Maricastaña

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria de Vigo

Data : 04/04/2018

Hora: 18.30

 O río como esperanza de vida e como morte axexante no medio dun mundo onde dous xemelgos non poden transgredir a historia, relacións de parella truncadas que acaban empurrando cara un final non desexado, amor maternal, con erros; unha sociedade dividida en castas, un amor prohibido onde se pretende aloumiñar ao intocable, unha muller que non soporta a felicidade dos demais, un político que quere medrar aínda que pise cabezas, unha avoa que soporta as dores da familia, a nenez violada e afogada por medo e falta de comunicación... A obra parte do libro de Arundhati Roy, O deus das pequenas cousas, para afondar no presente como froito dun pasado marcado na pel e nos espíritos, entrelazado por pequenas cousas, alegrías efémeras, momentos únicos e irrepetibles.

Elenco: Caterina Vázquez, Marcos Viturro, Silvia Pazo, Amada Saa, Chelo Cortiñas, Paco Daza, Irene Pérez, Israel Fernández, Tatiana González, Raquel Fernández.

Dramaturxia, escenografía e dirección: Fernando Dacosta.



as ondas

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal