SONORA 18 -Malandrómeda

Entrada libre ata completar aforamento

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria de Vigo

Data : 21/03/2018

Hora: 18.30

 

Os composteláns Hevi e O Master do son tocarán este ano no Sonora cos seus sons vangardistas cheos de poesía urbana. Hevi comezou a súa carreira con Caldeirada (logo substituído por O Master do son) en abril de 2006 co seu primeiro álbum Os estranos sempre traen malas novas, un longa duración que foi editado só para a rede, en formato dixital, e que saíu acompañado das ilustracións de doce artistas dando cada un deles a súa propia visión de cada tema.

Na súa discografía máis reciente están os traballos autoproducidos entre o 2012 e o 2015 que acaban vendo a luz a principios do 2016 coa edición simultánea de dous discos: Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo, ambos publicados polo selo discográfico Matapadre. O primeiro toca temáticas intimistas e o segundo recompila temas máis festivos e coloristas. Caldeirada foi substituído por O Master do Son para ocuparse da parte musical.

No 2016, a revista Rockdeluxe nomeou o seu disco dobre como mellor álbum nacional e o pasado ano foron galardonados como mellor grupo nos Premio Martín Codax da música.

 



Composteláns

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal