Na procura da integración total das persoas con necesidades educativas específicas, tanto no ámbito académico como no laboral, a Universidade de Vigo dispón de varios programas. O Programa de inserción de persoas con necesidades educativas específicas, promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, favorece a integración plena do estudantado na vida universitaria.
Neste apartado tamén poderás coñecer os detalles do PIUNE, Programa de apoio á integración de universitarios con necesidades específicas, así como a normativa e lexislación existente no ámbito da diversidade.