Banner cabeceira

EN QUÉ CONSISTE O NOSO VOLUNTARIADO?

VOLUNTARIADO 2010

Cartel voluntariado 10_11

 

INFORMACIÓN XERAL

A UNIVERSIDADE DE VIGO E O VOLUNTARIADO

Á Universidade de Vigo, atendendo ás inquedanzas da comunidade universitaria, ten en marcha un programa de voluntariado organizado pola Área de voluntariado e Integración, que depende funcionalmente da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

O programa desenvólvese conforme as directrices establecidas pola Lei 3/2000 do Voluntariado de Galicia do 22 de decembro, e polo Regulamento de Voluntariado da Universidade de Vigo.

OBXECTIVOS XERAIS

  1. Promover a integración do estudantado na realidade social como parte fundamental da súa formación mediante a realización de actividades de voluntariado.
  2. Fomentar a participación da comunidade universitaria en actividades voluntarias.
  3. Difundir entre a comunidade universitaria información sobre as actividades de carácter social desenvolvidas por ONG'S, institucións e fundacións, en especial as que realizan a súa actividade nas localidades en que se atopan os campus da Universidade de Vigo.
  4. Propiciar e colaborar no desenvolvemento de estudios e traballos sobre temas relacionados co voluntariado e cos problemas sociais do entorno.

REQUISITOS

Os principais requisitos  para participar no voluntariado da universidade son:

  • Ser membro da comunidade universitaria.
  • Querer colaborar nalgún proxecto.
  • Dispor de tempo libre para lle dedicares un mínimo de dúas horas semanais á actividade na que te comprometes a colaborar.

TODA PERSOA VOLUNTARIA CONTARÁ CON

  • Unha póliza de seguro.
  • Un carné de voluntariado da Universidade de Vigo.
  • Formación gratuita, orientación e información.
  • Reembolso dos gastos de desprazamento que a colaboración ocasione.
  • Un certificado emitido pola Universidade que recolle a tarefa desenvolvida e as horas dedicadas.

FORMACIÓN

  • Obradoiros de formación básica de voluntariado no primeiro cuadrimestre nos tres campus, validables por 1 crédito de libre configuración.
  • Obradoiros de habilidades sociais e de comunicación no segundo cuadrimestre nos tres campus, validables por 1 créditos de libre configuración.
  • Formación específica e promoción doutras accións promovidas dende a Universidade de Vigo ou en colaboración con outras institucións (Dirección Xeral de Voluntariado, Concellos...).
  • Cursos de verán relacionados con temas de voluntariado e solidariedade

EIDOS DE ACTUACIÓN

  • Terceira idade
  • Infancia e mocidade
  • Drogodependencias
  • Diminuídos físicos e/ou psíquicos
  • Colectivos desfavorecidos
  • Atención hospitalaria
  • Cooperación internacional
  • Apoio a estudantes con necesidades especiais
  • Apoio a estudantes de nova incorporación
  • Cultura e patrimonio.
  • Deportes
  • Medio natural
  • Intercambio lingüístico (galego)
  • Igualdade
  • Outros eidos

 REGULAMENTO DE VOLUNTARIADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobado en Consello de Goberno celebrado o 29 de setembro de 2011)

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal