Idiomas

 O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de ata un máximo de 6 créditos optativos por formación de idiomas, sempre que a citada formación se realice ao longo da súa permanencia na universidade e estea impartida por:
- Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
- Centro de linguas universitario acreditado pola Confederacación Europea de Centros de Linguas de Ensino Superior (CERCLES).
- Escola oficial de idiomas ou centro oficial equivalente noutro país.
 
O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.
 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal