Inclusión no PIUNE

INFORMACIÓN XERAL

A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar aos estudantes con algún tipo de necesidade educativa específica, e fomentando unha completa igualdade de oportunidades e a súa completa integración na vida universitaria, pon en marcha o Programa de Integración de Universitarios con Necesidades Especiais (PIUNE).

Mediante este programa os estudantes poderán recibir:

  • Atención, acollida e asesoramento polo Servizo de Extensión Universitaria  en coordinación co gabinete psicopedagóxico da universidade.
  • Soporte ao estudo (adaptacións curriculares, recursos técnicos de apoio...).
  • Acompañamento en actividades diversas por voluntarios da Uvigo.

COMO AXUDARCHE?

Para beneficiarte do Programa PIUNE, só tes que cubrir a seguinte solicitude e remitila, ben a través da Secretaría de Alumnos do teu centro ou por correo postal a algunha das seguintes oficinas:

OFICINAS

IMPRESO PIUNE

REGULAMENTO DA UVIGO

CARTEL PIUNE

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal