Presentación

O Coro da Universidade de Vigo fundouse no ano 1990 para satisfacer, entre outras, unha necesidade evidente de contribuir á potenciación da formación musical do alumnado, en especial dos futuros mestres de Educación Musical, así como realizar unha labor de difusión cultural máis aló do marco da propia Universidade e solemnizar os seus actos académicos.

Tódolos anos organiza o Certame de Coros Universitarios, así como numerosos intercambios culturais con outras Universidades, entre as que podemos salientar Xaén, Granada, Pamplona, Barcelona, Valencia, Salamanca, Valladolid, Alicante, Girona ou Alcalá de Henares.

Posúe un rico e variado repertorio de máis de 150 obras, estando aberto a todo tipo de música, dende obras polifónicas do Renacemento español, música clásica moderna, canción latinoamericana, espirituais ou adaptacións de coñecidas pezas corais tradicionais de diversas rexións e países.

Pola súa dirección pasaron Vicente Rodríguez (1990 a 1992), Stanislaw Krummer e Elena Vatchenco (1993) , Teresa Novoa (1994), Rimas Zdanavicius (1995), Zivile Keblikaite i Emilio Lede. Na actualidade está dirixido por Nuria Lorenzo López.

Nuria Lorenzo López

Nace en Vigo, Pontevedra. Comeza os ses estudos de música e canto na escola de música Scola Cantorum Santa Cecilia de Vigo. Máis tarde ingresa no Conservatorio Superior de Vigo para seguir os seus estudos de canto. Foi galardoada en varios concursos internacionais de canto. Fai o seu debut operístico no Palacio da Ópera de A Coruña e Auditorio de Galicia no ano 2004 co papel Alisa de Lucía de Lamermoor. Síguenlle os roles de Suzuki de Madame Butterfly en Vigo, Almería, Salamanca e Alicante, Imelda de Oberto Conte di San Bonifacio no Palacio Euskalduna de Bilbao, Fata de verde de La bella dormente de Respighi no Teatro Arriaga e The second maid de Electra no Palacio Euskalduna. Actualmente compaxina a súa carreira como solista coa dirección coral.

Traxectoria

Son numerosas as actuacións realizadas despois de máis de 20 anos. Algunhas das máis relevantes:

Ciclos culturais "Música e arte" e "Gran Jubileo 2000" celebrados na Catedral de Tui, XI Centenario da Unión de Huesca ao Reino de Aragón en Huesca, proxecto "Visión de futuro" co grupo Milladoiro dentro da obra Iacobus Magnus na Universidade de Vigo, himno propio da Universidade "Gloria tibi sit" estrenado en Ourense, X Mostra Galega de Coros Polifónicos da Consellería de Familia da Xunta de Galicia, Semana Santa no Círculo Cultural Mercantil de Vigo, concerto extraordinario de nadal na Concatedral de Vigo, 250 cabodano da morte de J. S. Bach en Sevilla e moitas outras por España adiante.

Fóra do noso país fixeronse actuacións por todo Portugal: Encontro de Coros Ibéricos en Oporto, Semanas Culturais de Braga, Guimaraes, Paços de Ferreira, Coimbra, Évora, Lisboa, Aveiro, etc.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal