Inscrición

Para pertencer ao Coro non é imprescindible ter coñecementos previos de música, só se esixe seriedade e asistencia aos ensaios, onde ao tempo que che aprenden a cantar, impártense nocións básicas de solfexo. Pronto descubrirás que a parte de que o canto e a música en grupo son divertidos, tamén axudan a combater a tensión e ansiedade propias dos anos de carreira universitaria. Así mesmo, co obxecto de evitar calquera interferencia nos exames anuais dos compoñentes, durante os meses de febreiro e xuño non se programa ningunha actuación, soamente se fan os ensaios habituais.

A inscrición está aberta a calquer membro da comunidade universitaria (alumnado, PAS ou profesorado). Tamén poderán facelo aquelas persoas que sen ter vinculación coa Universidade, considere o Director/a do Coro que a súa contribución, calidade de voz e coñecementos musicais pidan ser relevantes. A cota de persoas alleas á institución universitaria non poderá exceder do 25% de compoñentes no momento da petición de incorporación (Artigo 3º, Apartado D dos Estatutos do Coro).

O prazo de inscrición permanece aberto todo e pode facerse na Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

Documentos

Hora e lugar de ensaio

Martes e xoves de 20 a 22 horas.

Salón de Actos da E.E.I. (Peritos). Torrecedeira 86. Vigo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal