Banner cabeceira

Convocatorias Extensión Universitaria

Axudas de Extensión Universitaria 2012 

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria resolve convocar axudas de Extensión Universitaria para as seguintes actividades: Accións participativas e asociacionismo, Actividades extraacadémicas e de difusión cultural, Cursos e Obradoiros.

Convocatoria de Accións participativas e asociacionismo 

Fomento das actividades organizadas por asociacións, integradas por estudiantes da Universidade de Vigo, para a organización de actividades e a súa participación na dinamización sociocultural.

Convocatoria de Obradoiros de Extensión Universitaria 

Os obradoiros deberán ser aulas con maior contido práctico que os cursos de Extensión Universitaria.

Convocatoria de Cursos de Extensión Universitaria 

Os membros da Comunidade Universitaria poderán organizar cursos segundo a seguinte normativa.

Convocatoria de Actividades extraacadémicas e de difusión cultural 

Conferencias, mesas redondas e actividades culturais que sexan de interese xeral para a comunidade universitaria.

 

Doazón de material informático 

A presente convocatoria ten por obxecto a doazón de material informático en desuso da Universidade de Vigo para asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro. Para solicitala, débese cubrir o Anexo I e presentalo ata o 9 de marzo de 2012 nalgún dos rexistros da universidade.

Campus Camp 2011 

Este programa pretende facilitar a os/as traballadores/as do Campus de Vigo e Pontevedra o coidado dos fillos/as durante o período vacacional.

Concursos de Extensión Universitaria 2011 

Aprobada a convocatoria de concursos para o ano 2011.

Talleres do Gabinete Psicopedagóxico 2011 

Este ano levaranse a cabo os seguintes talleres: Superar o curso con éxito, Habilidades para falar en público, Aumenta o rendemento da túa memoria e Aumenta a túa autoestima.

Bolsas de colaboración de Extensión Universitaria 2012 

O obxeto das devanditas bolsas e colaborar coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra no desenvolvemento e difusión das distintas actividades programadas no eido da cultura, voluntariado e asociacionismo, ocupándose da súa distribución e seguimento no ámbito universitario dunha Facultade ou Escola e tamén colaborando en tarefas de desenvolvemento de actividades puntuais.

Ensaiamos 2011-2012 

Para aqueles grupos que o soliciten a partir do 28 de setembro e ata o 11 de outubro, a Universidade de Vigo pon a súa disposición o Teatro Vida Bolaño da Cidade Universitaria para os seus ensaios. O local conta con todos os medios técnicos necesarios: unha batería de 5 corpos, 2 amplificadores de guitarra de 100 W, un amplificador de baixo de 150 W, mesa de mezclas, micrófonos, cables,...

Bolsas de aloxamento 2012-2013 

A Universidade de Vigo conta nos tres campus con aloxamentos propios e concertados para o alumnado, nos que se ofrecen diferentes servizos.

Espazos compartidos para asociacións de estudantes universitarios 2011-13 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal