Lugar: Auditorio Municipal de Vigo
Data: 17/04/2013
Hora : 21:00 h
Entrada libre ata completar aforamento
ELDORADO
de Eduardo Okamoto
EDUARDO OKAMOTO (BRASIL)
ELENCO
Eduardo Okamoto.
Concepción, pescuda e actuación: Eduardo Okamoto
Dramaturxia: Santiago Serrano
Dirección e Iluminación: Marcelo Lazzaratto
Figurino: Verônica Fabrini
Preparación en rabeca e Banda Sonora Orixinal: Luiz Henrique Fiaminghi
Fotografía: Fernando Stankuns
Orientación: Suzi Frankl Sperber
Produción: Daniele Sampaio
Acompañado por unha “Meniña”, un cego busca atopar o que ningún home
puido xamais: Eldorado. Todo conto se resume nisto: era unha vez un home
que procuraba.
O espectáculo nace da observación da realidade, da interacción con
construtores e intérpretes de rabeca, instrumento de arco e cordas, parecido
ao violín, presente en moitas manifestacións da cultura popular do Brasil.
Desta maneira, procurouse exercitar o ollar, atopando no cotián os pequenos
acontecementos poéticos. Entre as marxes do conto e da historia, “Eldorado”
procura recrear realidades. Así, poderemos recrearnos a nós mesmos.