UN CONCERTO SINGULAR

PISCORE

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria de Vigo

Data : 30/11/2017

Hora: 18.30

 O Premio do Público Festiclown 2017, Píscore achegan ao Teatro Cidade Universitaria unha comedia musical e xestual, que fará rir ao espectador desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual clásica. Concerto Singular é un show que xira en torno a unha marimba e a dificultade de catro músicos para sacarlle partido. A peza está chea de equívocos, probas, solucións tolas…ata que por fin conseguen poñerse de acordo e sacar un son incrible logo de moitas risas.
A compañía naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa "Esther Píscore", unha personaxe habitual nos gags de Les Luthiers, trasunto da musa da danza, Terpsícore. O grupo está composto por catro actores/músicos con ampla formación musical e experiencia escénica presentan con este Concerto singular a súa primeira proposta
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas.
Dirección: Fran Rei.



UN CORCERTO SINGULAR

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal