SONORA 18 - Los Bengala

Entrada libre ata completar aforamento

Lugar: Teatro Cidade Universitaria de Vigo

Fecha : 21/03/2018

Hora: 17:30h

 

Grupo zaragozano de rock’n’roll formado por Guillermo Sinnerman (guitarra) e Borja Téllez (batería). Con só dous instrumentos e as súas voces que soan a coro como voz principal, este dúo enche os escenarios coas súas cancións cortas e de letras afíadas.

Arrancaron no 2014, ano no que publicaron o seu primeiro disco Incluso festivos, cheo de ritmos viscerais, co que xiraron por toda España en salas e nos principais festivais de música. Algúns dos temas deste primeiro disco, como “Jodidamente loco”, “No hay amor sin dolor” ou “65 días” convertéronse por méritos propios en grandes temas coreados nos seus directos.

No 2017, chega Año Selvático, un novo disco publicado conxuntamente por Wild Lion e Dirty Water Records.
 

 



Grupo Zaragozano

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal