León Benavente

Lugar: Teatro Cidade Universitaria de Vigo

Data : 22/02/2017

Hora: 18.30

 

Entrada libre ata completar aforamento

Grupo indie formado no 2012 por catro músicos veteranos: Abraham Boba (voz e teclados) e Luis Rodríguez (guitarra), habituais na banda de Nacho Vegas e Boba tamén como solista; Eduardo Baos (baixo e sintetizador), de Thachenko e César Verdú (batería), ex integrante de Schwarz.

O seu primeiro álbum, León Benavente (Marxophone), edítase en 2013. Con temas como "Ánimo, valiente", acadaron xa un gran éxito por parte da crítica e participaron en festivais como o Sonorama e o Arenal Sound, onde deixaron patente a potencia do seu directo. A solidez artística do grupo como tal chegaría na primavera de 2016 cando poñen no mercado o seu segundo LP, 2 (Warner Music). Un rock con sons que percorren tamén o punk e a electrónica, con reminiscencias dos oitenta, os seus temas abordan a realidade actual desde a ironía e o compromiso. A crise ou a realidade social de hoxe en día fanse oco en temas como “Tipo D” onde falan de tarxetas Black, cargos políticos ou dos Bardem.
 

 



León Benavente

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal