Banner cabeceira

Festival Sonora 13

Nacho Umbert

Lugar: Teatro Vidal Bolaño

Fecha: 25/04/2013

Hora: 18:30 h

Entrada libre ata completar aforamento

Este barcelonés, con case dúas décadas de carreira musical, chega á UVigo co seu último traballo No os creáis ni la mitad, un disco entre o pop e a bossa nova con cancións baseadas, fiel ao seu estilo, en personaxes reais e situacións que cabalgan entre o costumismo e o surrealismo máxico. Este compositor, con influencias dos “cowboys tristes”, tal e como el mesmo asegura, vén avalado polo éxito acadado co seu primeiro disco en solitario Ay…, no 2010.

No seu último álbum Nacho Umbert, o exlíder de Paperhouse, conta coa colaboración, de Raúl Fernández Refree- que arranxa, produce e presta a súa voz no disco-, e de Alicia e Mar Álvarez e Cayo Bellveser, nos coros.
 

Nacho Umbert Sonora 13
Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Aviso Legal