Foto superior de la cabecera de 
		Vicerreitoría de Extensión Universitaria - Universidade de Vigo

Accesibilidade

A accesibilidade nos sitios web da Administración Pública ten carácter legal:

  • A Lei de Servizos da Información e Comercio Electrónico (Lei 34/2002, de 11 de Xullo entrando en vigor o 12 de Outubro de 2002 - LSSICE) indica que teranse en conta as NORMAS UNE 139801:2003, UNE 139802:2003 e sobre todo UNE 139803:2004, ademáis das directrices do WAI (Web Accessibility Initiative) que son consideradas, pola Unión Europea, normas "de facto". Estas normas teñen en conta a accesibilidade para todos.

Ademais debemos observar o dereito que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen para acceder á información en igualdade de condicións.

Hai unha alta porcentaxe de persoas que sofren algún tipo de discapacidade que pode dificultar o seu acceso a Internet.

O portal da Universidade de Vigo foi deseñado e programado seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI (Web Accesibility Initiative), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.

Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas pola Universidade de Vigo podemos mencionar as seguintes:

  • Orde lóxica de presentación dos elementos en pantalla
  • Sistema de navegación simplificado, non se utilizan menús despregable
  • Texto descritivo das imaxes
  • Acceso mediante teclado ás opcións principais
  • Organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estruturada para mellorar a navegación e achegar usabilidade
  • Mapa Web: Proporciona unha visión global e clara do sitio web
  • Linguaxe: utilizar unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.

Tamén temos dispoñibles atallos de teclado para o acceso directo a ligazóns específicas, o seu funcionamento é diferente segundo o sistema operativo e os navegadores

  • Windows:
    • Internet Explorer: ALT + tecla numérica + ENTER
    • Firefox: ALT + tecla numérica
  • Mac:
    • Safari: Ctrl + tecla numérica

Teclas numéricas:

  • 0 Declaración de accesibilidade
  • 1 Páxina de inicio
  • 2 Utilidades
  • 3 Mapa web
  • 4 Correo web
  • 5 Búsqueda
  • 6 Login
  • 7 Contacto

A información existente no portal da Universidade de Vigo é ampla, extensa e complexa. Migráronse moitos contidos do anterior portal ao actual.

Validouse que os contidos existentes no portal www.uvigo.es son conformes ao nivel AA das directrices marcadas no consorcio WC3 ("Word Wide Web Consortium").

Logotipo W3C XHTML 1.0 Logotipo W3C CSS Logotipo W3C WAI-AA WCAG 1.0
Logotipo t.a.w.3 AA

De todos os xeitos, se nalgunha das páxinas do novo portal da Universidade de Vigo atopa algún elemento que non cumpre co estipulado, por favor, comuníqueo cubrindo o seguinte formulario.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal