Na procura da integración total das persoas con discapacidade, tanto no ámbito académico como no laboral, a Universidade de Vigo dispón de varios programas. O Programa de inserción de discapacitados, promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria (SIOPE) , favorece a integración plena do estudantado na vida universitaria.
Neste apartado tamén poderás coñecer os detalles do PIUNE, Programa de apoio á integración de universitarios con necesidades especiais, así como a normativa e lexislación existente no ámbito da discapacidade.