Banner cabeceira

NOVAS VOLUNTARIADO

 

XXVIII EDICIÓN PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Máis información

 

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO-CUR

SO FORMATIVO

A AECC organiza os días 25 e 26 de febreiro  na Escola de Exeñaría Industrial (sede Torrecedeira), este curso formativo gratuito no ámbito da saude.

Precisa inscripción previa. Mais información:

CONVOCATORIA TROCO DE LIBROS-MES DE ABRIL 2011

 LISTADO TITULOS DE LIBROS XA CEDIDOS

  • Pilar Urbano- Garzón, el hombre que veía amanecer
  • Patricia Gaffney-Cuatro amigas
  • Chimamanda Ngozi Adichie-La flor púrpura
  • Tomas Harris-Hannibal
  • Marian Keyes- ¿Hay alguien ahí fuera?
  • Stephen King- Corazones en la Atlántida
  • Jon Krakauer- Hacia rutas salvajes

 

Queres ter novos libros e non pagar un can? Apúntate á nosa campaña de troco de libros! Soamente tes que seguir catro sinxelos pasos:

1. Envíanos os libros que queiras ceder, deixándoos na conserxería do teu centro, dirixidos a: Oficina de Voluntariado. Campaña de troco de libros. Edificio Miralles, Campus de Vigo. No envío tes que incluír os teus datos: nome, apelidos, mail e teléfono.

2. Entra na nosa web e escolle un libro por cada un dos que ti enviaches.

3. Envíanos un mail (voluntariado@uvigo.es ) solicitando o libro que desexes do listado anterior, engandindo dous títulos máis por se alguén colleu antes o teu preferido

4. A gozar!

MODO DE EMPREGO: Repite este proceso as veces que queiras! Aceptamos todo tipo de libros: infantil, novela, científico, atlas, viaxes…

Participa!
 

 

 

CONVOCATORIA DE DOAZÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO EN DESUSO

Más información no seguinte enlace.

 

XORNADAS DE VOLUNTARIADO (1ª PARTE)

Dende a Área de Voluntariado da Universidade de Vigo organízanse durante os días 29 de novembro a 1 de decembro as Xornadas Solidarias. (1ª parte).

Esta iniciativa pretende dar resposta e canalizar a solidariedade que sabemos que existe na nosa comunidade. Sentir que as cousas poden ser mellores, e que nós podemos ser parte activa deste cambio, é a maior motivación para un voluntario. Ademais disto, non se precisa máis que unha colaboración adaptable coa túa dispoñibilidade e, a maiores da realización e satisfacción persoal obtidas, son moitas as avantaxes: pagamento dos gastos de desprazamento que se xeren como consecuencia do desenvolvemento da actividade, cobertura dun seguro durante a actividade, certificacións e ,xa de cara ao alumnado, posibilidade de recoñecemento de créditos como parte do plan de estudos cursado.

De todo isto e de moito máis falaremos nas nosas xornadas abarcando dous aspectos principais: información con detalle sobre os nosos programas, xa que estarán presentes no centro comercial mesas informativas das distintas asociacións colaboradoras nas que se integrarían todos os interesados, e sensibilización á comunidade universitaria a través das distintas charlas explicativas en temas de actualidade: hábitos saudables, educación afectivo-sexual, trastornos de alimentación, prevención das drogodependencias, promoción do patrimonio, defensa do medio etc.

Pregámosvos a todos un pequeno esforzo de asistencia a algunha destas charlas, que terán lugar no Edificio Miralles, Sala 4 (achégase programa).

Todo o grande comeza por algo moi pequeno e cedendo parte do voso tempo para coñecer que cousas podedes facer para colaborar, é unha boa forma de facelo. Os interesados en acudir ás charlas podedes confirmar a vosa asistencia simplemente respondendo a este mesmo correo informando do voso nome e a charla a que desexades asistir.

AXUDÁDENOS A AXUDAR!

 

 NOTA: Para os alumnos, a asistencia a estas xornadas (1ª parte) xunto coa segunda parte das mesmas que se celebrará durante os meses de febreiro-marzo, dará dereito ao recoñecemento dun crédito de libre elección ou ECTS

  

OLIMPIADA SOLIDARIA (5 DE NOVEMBRO AO 5 DE DECEMBRO)

          A "Olimpiada Solidaria de Estudio" é unha innovadora acción de educación ao desenvolvemento e de sensibilización á solidariedade. Baixo o lema "¿Queres ser solidario?..." por cada hora do tu estudo nunha das bibliotecas establecidas no campus que participan nesta actividade, un dos patrocinadores unidos a esta acción destinará 1 € para a financiación de catro proxectos educativos en Angola, Camerún, Ecuador y Haití. O teu esforzo se coverterá en cartos que permiten a financiación de varios proxectos de axuda ao desenvolvemento destinados a xoves do Sur e cuxos temas pricipais son a educación e a formación profesional.

          Desta maneira podes mostrar o teu compromiso e solidariedade de maneira activa e convertirte en protagonista do proceso de cambio que se quere impulsar coa axuda ao desenvolvemento.

          Se queres participar, achégate entre o 5 de novembro e o 5 de decembro  á  Biblioteca Central do Campus de Vigo ou á Biblioteca de Torrecedeira, e axuda mentres estudas!

Enlaces de interese:

http://www.olimpiadasolidaria.com/

Cartel olimpiada

Como participar 

 

 

 

 

 

                  LISTADO DE LIBROS XA CEDIDOS

  • Marian Keyes-Hay alguien ahí fuera?
  • Pilar Urbano- Garzón, el hombre que veía amanecer
  • Patricia Gaffney-Cuatro amigas
  • Chimamanda Ngozi Adichie-La flor púrpura
  • Tomas Harris-Hannibal
  • Marian Keyes- ¿Hay alguien ahí fuera?
  • Stephen King- Corazones en la Atlántida
  • Jon Krakauer- Hacia rutas salvajes
Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Legal Advise