EN QUÉ CONSISTE O NOSO VOLUNTARIADO?
VOLUNTARIADO 2010
Cartel voluntariado 10_11
INFORMACIÓN XERAL
A UNIVERSIDADE DE VIGO E O VOLUNTARIADO
Á Universidade de Vigo, atendendo ás inquedanzas da comunidade universitaria, ten en marcha un programa de voluntariado organizado pola Área de voluntariado e Integración, que depende funcionalmente da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.
O programa desenvólvese conforme as directrices establecidas pola Lei 3/2000 do Voluntariado de Galicia do 22 de decembro, e polo Regulamento de Voluntariado da Universidade de Vigo.
OBXECTIVOS XERAIS
- Promover a integración do estudantado na realidade social como parte fundamental da súa formación mediante a realización de actividades de voluntariado.
- Fomentar a participación da comunidade universitaria en actividades voluntarias.
- Difundir entre a comunidade universitaria información sobre as actividades de carácter social desenvolvidas por ONG'S, institucións e fundacións, en especial as que realizan a súa actividade nas localidades en que se atopan os campus da Universidade de Vigo.
- Propiciar e colaborar no desenvolvemento de estudios e traballos sobre temas relacionados co voluntariado e cos problemas sociais do entorno.
REQUISITOS
Os principais requisitos para participar no voluntariado da universidade son:
- Ser membro da comunidade universitaria.
- Querer colaborar nalgún proxecto.
- Dispor de tempo libre para lle dedicares un mínimo de dúas horas semanais á actividade na que te comprometes a colaborar.
TODA PERSOA VOLUNTARIA CONTARÁ CON
- Unha póliza de seguro.
- Un carné de voluntariado da Universidade de Vigo.
- Formación gratuita, orientación e información.
- Reembolso dos gastos de desprazamento que a colaboración ocasione.
- Un certificado emitido pola Universidade que recolle a tarefa desenvolvida e as horas dedicadas.
FORMACIÓN
- Obradoiros de formación básica de voluntariado no primeiro cuadrimestre nos tres campus, validables por 1 crédito de libre configuración.
- Obradoiros de habilidades sociais e de comunicación no segundo cuadrimestre nos tres campus, validables por 1 créditos de libre configuración.
- Formación específica e promoción doutras accións promovidas dende a Universidade de Vigo ou en colaboración con outras institucións (Dirección Xeral de Voluntariado, Concellos...).
- Cursos de verán relacionados con temas de voluntariado e solidariedade
EIDOS DE ACTUACIÓN
- Terceira idade
- Infancia e mocidade
- Drogodependencias
- Diminuídos físicos e/ou psíquicos
- Colectivos desfavorecidos
- Atención hospitalaria
- Cooperación internacional
- Apoio a estudantes con necesidades especiais
- Apoio a estudantes de nova incorporación
- Cultura e patrimonio.
- Deportes
- Medio natural
- Intercambio lingüístico (galego)
- Igualdade
- Outros eidos
REGULAMENTO DE VOLUNTARIADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobado en Consello de Goberno celebrado o 29 de setembro de 2011)