![]() |
|
|
Convocatoria do Campus Camp 2010 11/03/10 Publicada a Resolución Reitoral pola que se convoca o Campus Camp 2010
|
||||||||
|
Obradoiros para o segundo cuadrimestre do curso 2009/10 09/02/10 Xa podes consultar na súa sección a oferta completa de obradoiros para os tres campus da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Convocatoria de Actividades Extraacadémicas e de Difusión Cultural 27/01/10 Normativa para o 2010 Conferencias, mesas redondas e actividades culturais que sexan de interese xeral para a Comunidade Universitaria.
|
||||||||
|
Convocatoria de Cursos de Extensión Universitaria 27/01/10 Normativa para o 2010 Os membros da Comunidade Universitaria poderán organizar cursos segundo a seguinte normativa.
|
||||||||
|
Convocatoria de Obradoiros de Extensión Universitaria 27/01/10 Normativa para o 2010 Os obradoiros deberán ser aulas con maior contido práctico que os cursos de Extensión Universitaria.
|
||||||||
|
Convocatoria de Accións Participativas e Asociacionismo 27/01/10 Normativa para o 2010 Fomento das actividades organizadas por asociacións, integradas por estudiantes da Universidade de Vigo, para a organización de actividades e a súa participación na dinamización sociocultural.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral do 27 de xaneiro de 2010 pola que se convocan axudas de Extensión Universitaria para o ano 2010 27/01/10 Convocanse axudas de Extensión Universitaria para as actividades de: accións participativas e asociacionismo, actividades extraacadémicas e de difusión cultural, cursos e obradoiros.
|
||||||||
|
Resolución reitoral pola que se acepta a renuncia e se nomea nova bolseira colaboradora en actividades de extensión cultural na Faculdade de Ciencias de Ourense 20/01/10 Resolución reitoral do 18 de xaneiro do 2010, pola que se acepta unha renuncia da bolsa e se nomea nova bolseira colaboradora de facultade ou escola en actividades de Extensión Cultural.
|
||||||||
|
Aberta a matrícula para os novos obradoiros do Gabinete Psicopedagóxico 14/01/10 No mes de febreiro terán lugar dous obradoiros organizados polo Gabinete Psicopedagóxico: "Superar o curso con éxito" e "Habilidades para falar en público"
|
||||||||
|
Resolución reitoral definitiva pola que se relacionan os alumnos aceptados como bolseiros colaboradores coa vicerreitoría de extensión cultural e estudantes. 13/01/10 Resolución reitoral definitiva do 12 de xaneiro do 2010, pola que se nomean alumnos bolseiros colaboradores de faculdade ou escola en actividades de extensión cultural
|
||||||||
|
Resolución reitoral provisoria pola que se relacionan os alumnos propostos como bolseiros colaboradores coa vicerreitoría de extensión cultural e estudantes. 17/12/09 Resolución reitoral provisoria do 17 de decembro de 2009 pola que se relacionan os alumnos propostos como bolseiros colaboradores coa vicerreitoría de extensión cultural e estudantes de Vigo e as vicerreitorías dos campus de Ourense e Pontevedra
|
||||||||
|
Convocatoria dos Premios Nacionais á Excelencia no Rendemento Académico. 30/11/09 Carta pola que se comunica a publicación no BOE do 19 de novembro de 2009 a publicación da Orde EDU/3109/2009 do 13 de novembro pola que se convocan os Premios NAcionais de Excelencia no Rendemento Académico.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se publican os listados definitivos dos premios á excelencia académica 30/11/09 Resolución Reitoral de 30 de novembro de 2009, pola que se publican os listados definitivos da concesión dos premios á excelencia académica convocadas por resolución reitoral de 22 de xuño de 2009
|
||||||||
|
Pechada no Campus de Ourense a inscripción as Xornadas: A igualdade na universidade: amosar e previr o acoso e a violencia 27/11/09 Pechase a inscripción as xornadas para o Campus de Ourense. Todas as prazas dispoñibles xa estan cubertas.
|
||||||||
|
Xornadas: A igualdade na universidade: amosar e previr o acoso e a violencia 17/11/09 Está recoñecida a convalidación de 20 h. por un crédito de libre configuración ou o recoñecemento das horas reais asistidas ás xornadas (10,15 ou 20 h.) , independentemente dos campus elixidos para participar nas mesmas. Darase un diploma acreditativo das horas reais asistidas ás xornadas (10,15 ou 20 h.) a aquelas persoas sen vinculación coa Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución reitoral provisional dos premios de excelencia académica 2009 17/11/09 Resolución reitoral de 17 de novembro de 2009, pola que se publican os listados provisionais da concesión dos premios á excelencia académica convocadas por resolución reitoral de 22 de xuño de 2009.
|
||||||||
|
Convocatoria de bolsas para colaboradores de facultade ou escola en actividades de Extensión Cultural 29/09/09 Resolución Reitoral do 19 de outubro de 2009 pola que se publica a oferta de 22 bolsas para colaboradores de facultade ou escola en actividades de extensión cultural.
|
||||||||
|
Obradoiros para o primeiro cuadrimestre do curso 2009/10 29/09/09 Xa podes consultar na súa sección a oferta completa de obradoiros para os tres campus da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Convocatoria Ensaiamos 2009/10 28/09/09
|
||||||||
|
Galardoados nos Concursos da Universidade de Vigo 24/08/09
|
||||||||
|
Resolución Reitoral dos premios de excelencia académica para os alumnos que se matriculen no curso 2009/10 26/06/09 Resolución Reitoral de 22 de xuño pola que se convocan premios á excelencia académica para estudantes que foran obxecto do premio de excelencia académica da Xunta de Galicia, gañadores das olimpiadas científicas, e para os que obtiveron unha media igual ou superior a 8,5 no bacharelato e que se matriculen en calquera titulación da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Reunión informativa da Campus Camp 09 12/06/09 Terá lugar na Sala de Xuntas do Edificio de Deportes o XOVES 18 as 12:00 (grupos 3-6 anos) e as 12:30 (grupos 7-13 anos).
|
||||||||
|
Aberta a matrícula nos Cursos de Extensión 2009 15/05/09 O período de matrícula estará aberto do 18 de maio ao 18 de xuño. Máis información no apartado "Cursos de Extensión" da sección de Cultura da web.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral dos admitidos nas distintas quendas do Campus Camp 2009 12/05/09 Resolución Reitoral do 11 de maio pola que se publica a relación de solicitantes inscritos no Campus Camp e o número de admitidos nas distintas quendas.
|
||||||||
|
2ª Convocatoria do Festival Ensaiamos 11/05/09 Xa podes ver en directo á canteira musical desta a nosa Universidade. Será o vindeiro xoves 14 de maio ás 18 horas no Teatro da Cidade Universitaria de Vigo. Entrada libre. Tocarán: Los Kualkiera (Rock-Punk), Lethal Vice (Metal) e Shanga (Reggae-Fusión).
|
||||||||
|
Resolución Reitoral dos Cursos de Extensión 2009 08/05/09
|
||||||||
|
Novamente suspendida a actuación de Azulkillas 29/04/09 De novo as condicións meteorolóxicas non son as máis idóneas para o espectáculo de acrobacias aéreas deste grupo vasco. Cando poida levarse acabo, a nova data será publicada neste mesmo sitio.
|
||||||||
|
Resolución reitoral provisoria pola que se asignan espazos compartidos para asociacións 22/04/09 Podes consultar o texto íntegro da resolución no seguinte vínculo.
|
||||||||
|
Nova data para a actuación de Azulkillas 17/04/09 A actuación de Azulkillas queda programada para o vindeiro mércores 29 de abril ás 14:00 h. no Centro Comercial da Cidade Universitaria de Vigo.
|
||||||||
|
MITEU09 (Mostra Internacional de Teatro Universitario) 15/04/09 Un ano máis volve a mostra có mellor do teatro universitario. Sete días nos que poderas desfrutar de propostas moi dispares que seguro non te deixan indiferente...
|
||||||||
|
Suspéndese a actuación de Azulkillas 14/04/09 Por mor das condicións climatolóxicas suspéndese ata novo aviso a actuación de Azulkillas prevista para o vindeiro mércores.
|
||||||||
|
Relación de solicitantes preinscritos Campus Camp 09 Vigo 02/04/09
|
||||||||
|
Actuación de Luis Piedrahita 24/03/09 Actuación de Luis Piedrahita no Teatro da Cidade Universitaria de Vigo o xoves 26 de marzo ás 18:30 horas. Entrada libre ata completar aforo.
|
||||||||
|
Convocatoria Concursos 2009 16/03/09 Resolución Reitoral do 12 de marzo de 2009 pola que se convocan concursos de creación audiovisual, fotografía, maquetas de música e pintura para o ano 2009.
|
||||||||
|
Campus Camp 09 12/03/09 O luns 16 de marzo ábrese o prazo de preinscrición para a Campus Camp 2009. Non perdas esta oportunidade. Podes formalizala no seguinte enlace:
|
||||||||
|
Programación cultural do segundo cuadrimestre (marzo|abril|maio) 04/03/09 Xa está dispoñible a programación cultural da Universidade de Vigo para os vindeiros meses. Como tódolos anos teatro, concertos ou espectáculos de rúa van formar parte da vida cotiá do noso Campus durante 3 meses. Podes descargar o programa completo no seguinte link:
|
||||||||
|
Concerto de Lori Meyers 27/02/09 O vindeiro xoves 5 de marzo ás 18:30 h. terá lugar no Teatro da Cidade Universitaria o concerto do grupo de indie pop granadino Lori Meyers. A asistencia é libre ata completar aforo.
|
||||||||
|
Aberto o prazo de matrícula para os Obradoiros do segundo cuadrimestre 08/09 19/02/09 Podes consultar a oferta de obradoiros para o segundo cuadrimestre no tríptico adxunto.
|
||||||||
|
Visita guiada a SALINAE: Centro Arqueolóxico do Areal 12/02/09 Máis información no folleto adxunto.
|
||||||||
|
Convocatoria de espazos compartidos para asociacións de estudantes universitarios 02/02/09 Resolución Reitoral do dous de febreiro de 2009 pola que se convocan espazos compartidos no Edificio Miralles para asociacións de estudantes universitarios, e se prorroga a asignación dos concedidos.
|
||||||||
|
Aberto o prazo de matrícula para o taller do Gabinete Psicopedagóxico "Redución da ansiedade ante os exames 30/01/09 Os días 18, 19 e 20 de febreiro terá lugar na Sala IV do Edificio Miralles o taller "Redución da ansiedade ante os exames". Nel preténdense impartir unha serie de técnicas para poder afrontar os exames sen ansiedade, o cal vai redundar nunha mellora do rendemento académico do estudante. (AVISO: A data correcta é do 18 ao 20. Nos trípticos e o cartel ven trabucada).
|
||||||||
|
Convocatoria de axudas para Accións Participativas e Asociacionismo, Actividades Extraacadémicas e de Difusión Cultural, Cursos e Obradoiros 27/01/09 Podes descargar toda a información e os impresos de solicitude na sección de convocatorias.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral Axudas Extensión Universitaria 27/01/09 Resolución Reitoral do 27 de xaneiro pola que se convocan axudas de Extensión Universitaria para o ano 2009.
|
||||||||
|
UVIGOVERDI - Concerto do Coro Universitario de Vigo e da Orquestra Clásica de Vigo 12/01/09 Terá lugar o mércores 14 de xaneiro as 20.30 horas no Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova con asistencia libre ata completar aforo. Constará de dúas partes nas que se van interpretar coros das seguintes obras do compositor italiano Giuseppe Verdi: Oberto Conte di San Bonifacio, Aida, Il Trovatore e Nabucco.
|
||||||||
|
R. R. Definitiva de bolseiros para Extensión Cultural 09/01/09 Resolución Reitoral definitiva de 7 de xaneiro de 2009 pola que se publican os listados definitivos de bolseiros para a colaboración en actividades de Extensión Cultural.
|
||||||||
|
R. R. Definitiva dos Premios á excelencia académica 2008 17/12/08 Resolución Reitoral de 17 de decembro de 2008, pola que se publican os listados definitivos da concesión dos Premios á excelencia académica convocados o 9 de xuño de 2008.
|
||||||||
|
Comezo da XVIII Semana de cine submarino de Vigo 26/11/08 Como xa ven sendo habitual dende fai anos, a Vicerreitoría de Extensión Cultural e o Club Subacuático Bahía de Vigo organizan a Semana de cine submarino. As proxeccións terán lugar no Central Cultural Caixanova de Vigo do 26 ao 28 de novembro ás 20:00 horas. Costas e arrecifes, as galápagos ou as nosas Illas Cíes son algúns dos temas que abordan os documentais do ciclo. Cada día contará coa presenza dun invitado destacado vinculado co medio mariño. Podes consultar todos os detalles no programa.
|
||||||||
|
Inauguración da exposición Afinidades Selectivas #2 21/11/08 Hoxe venres terá lugar a inauguración da exposición "Afinidades Selectivas #2" na Casa Galega da Cultura (Pza. da Princesa, 2. Vigo). Este acto contara coa presenza do Concelleiro-Delegado da Área de Cultura e Animación Sociocultural, Xexús López Carreira, e de María del Carmen Cabeza Pereiro, Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes. A mostra conta con obras de artistas como Juan Loeck, Carlos Isla, Elena Fernández Prada, Sara García ou Anne Heyvaert entre outros.
|
||||||||
|
Talleres do Gabinete Psicopedagóxico 17/11/08 Un curso máis volve a oferta de talleres do Gabinete Psicopedagóxico. Técnicas de estudo, de concentración, trucos para afrontar os exames, consellos para tirar proveito do estudado,... En resumo, un compendio de ferramentas moi útiles para calquer estudante, xa esté en apuros ou non :) O primeiro taller deste curso terá lugar do 3 ao 5 de decembro e tentará axudar aos estudantes a "Superar o curso con éxito". Para máis información podes consultar os trípticos, a sección do Gabinete na web, ou ben chamar aos teléfonos 986 813 630 ou 986 818 632
|
||||||||
|
Xornadas sobre "Experiencias de plans de igualdade nas universidades" 13/11/08 Os días 18 e 19 de Novembro a Sala de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais acollera as xornadas sobre "Experiencias de plans de igualdade nas universidades", que contaran coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade Dna. Carme Adán Vilamarín. Para máis información sobre o programa podes consultar o díptico e a axenda desta web.
|
||||||||
|
Convocatoria de bolseiros para Extensión Cultural 10/11/08 Convocadas 22 bolsas para colaborar coa Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes e coas vicerreitorías dos campus de Ourense e de Pontevedra no desenvolvemento e difusión das distintas actividades programadas no eido da cultura, do voluntariado e do asociacionismo.
|
||||||||
|
Ciclo de conferencias Universium VI: Dimensión social da política da auga en España 27/10/08 O vindeiro luns 3 de novembro terá lugar, como ven sendo habitual por estas datas, o ciclo de conferencias Universium, un programa promovido pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo co obxecto de divulgar o pensamento contemporáneo en relación con temas clave da actualidade. Universium promove a comunicación e a busca dos puntos de encontro entre as distintas posicións existentes á hora de abordar os temas propostos. A pluralidade, a rigorosidade e o respecto mutuo son algúns dos principios que rexen o diálogo aberto. Todas as posicións son ben acollidas e, ao mesmo tempo, recopiladas nunha publicación para que así contribúan o diálogo permanente. Os participantes nos diversos ciclos previstos por Universium teñen unha boa escusa para reflexionar dun xeito sosegado sobre os contidos dos mesmos e acceder a través da web á reflexión doutras persoas, colectivos ou entidades.
|
||||||||
|
Programación cultural Outono 08 22/10/08 O xoves 23 de outubro comeza a programación cultural deste novo curso cun prato forte, o concerto da que está chamada a ser unha das bandas do momento "Facto Delafé y Las Flores Azules", que pasearán a súa particular oferta sonora polo Teatro da Cidade Universitaria de Vigo. Concertos, teatro, unha nova edición do Festival Sonora ou espectáculos de rúa, ateigarán a Cidade Universitaria dunha ampla oferta cultural os mércores e xoves ata o 10 de decembro. Mención a parte merece o clásico Concerto de Nadal que o 17 de decembro terá lugar no Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo. Este ano a cargo do que seguramente sexa o grupo folk máis popular, Milladoiro. Se es membro da comunidade universitaria, non esquezas retirar a túa invitación.
|
||||||||
|
Obradoiros 1 º Cuadrimestre do curso 2008/2009 07/10/08 O luns 13 de outubro ábrese o prazo de matrícula nos Obradoiros do primeiro cuadrimestre do curso 2008/2009. Máis información no apartadoObradoiros.
|
||||||||
|
I Foro de Educación contra a Violencia de Xénero 07/10/08 Aberto o prazo de matrícula no I Foro de Educación contra a Violencia de Xénero. Sensibilizar aos participantes da responsabilidade da cidadanía ante o fenómeno da violencia de xénero é un dos obxectivos deste Foro organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Aberto o prazo de matrícula no obradoiro de Iniciación á Ópera. 06/10/08 Este ano calquera vigués pode matricularse no obradoiro de Iniciación á Ópera, unha actividade que conta coa retransmisión de catro óperas dende o Teatre del Liceu e unha dende o Teatro Real de Madrid. Máis información en Obradoiros.
|
||||||||
|
Aberta a convocatoria do Servicio de apoio a grupos musicais (Ensaiamos) 25/09/08 Este servizo pretende a dinamización de grupos musicais por medio dun local de ensaio establecido no Teatro da Cidade Universitaria. O prazo de presentación de solicitudes para o ano 2008 comeza o 29 de setembro e remata o 10 de outubro. Máis información en Convocatorias.
|
||||||||
|
Charla: "Privilexios dun Universitario" 17/09/08 Os días 7, 8 e 9 de Outubro impartirase a charla "Privilexios dun Universitario" nos tres Campus da Universidade de Vigo. O obxectivo: dar a coñecer aos novos/as estudantes universitarios/as as actividades culturais, deportivas, de accesbilidade, orientación... da UVigo.
|
||||||||
|
Aberto o prazo de inscrición no Coro Universitario de Vigo 17/09/08 Aberto o prazo de inscrición para formar parte do Coro Universitario de Vigo. O 2 de Outubro inícianse os ensaios no Salón de Actos da E.U.E.T.I., martes e xoves de 20.00 a 22.00 horas.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se conceden os premios do V Certame de Fotografía 10/09/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes publica, na sección concursos, as obras premiadas no V Certame de Fotografíag2008 da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se conceden os premios do VI Premio de Maquetas de Música 10/09/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes publica, na sección concursos, as obras premiadas no VI Premio de Maquetas de Música 2008 da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se conceden os premios do VI Premio de Pintura 23/07/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes publica, na sección concursos, as obras premiadas no VI Premio de Pintura 2008 da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se conceden os premios do VI Premio de Creación Audiovisual 21/07/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes publica, na sección concursos, as obras premiadas no VI Premio de Creación Audiovisual 2008 da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral Provisoria pola que se relacionan as persoas admitidas nas residencias da Universidade de Vigo 21/07/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes fai público o listado provisorio de aspirantes admitidos, excluidos e de espera nas prazas de residencias da Universidade de Vigo para o curso 2008/2009. Pódense consultar todos os listados na sección aloxamento.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se convocan bolsas de colaboración nas actividades programadas pola UIMP 16/06/08 A Universidade de Vigo convoca bolsas de colaboración nas actividades programadas pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo na provincia de Pontevedra. Poderán optar a estas axudas as persoas matriculadas no curso 2007/2008 nalgunha das titulacións de primeiro, segundo e terceiro ciclo da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Reunión Campus Camp Vigo 2008 13/06/08 O mércores 18 de xuño celebrarase na Sala de Xuntas do Edificio de Deportes, ás 12.00 h., a reunión cos pais e nais dos nenos asistentes ao Campus Camp 2008
|
||||||||
|
Listado de admitidos Campus Camp 2008 12/06/08 Con data 12 de xuño de 2008 publícase a relación de solicitantes inscritos no Campus Camp 2008 e número de admitidos nas distintas quendas.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral de corrección de erros da R.R. do 20 de maio pola que se convocan bolsas e prazas de aloxamento 10/06/08 Con data 10 de xuño de 2008 publícase a corrección de erros na convocatoria de prazas e aloxamento para estudantes da Universidade de Vigo no curso 2008/2009
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se convocan os premios de Excelencia Académica da Universidade de Vigo 09/06/08 A Universidade de Vigo convoca premios á excelencia académica para estudantes que foran obxecto do premio de excelencia académica da Xunta de Galicia, gañadores das Olimpadas Científicas, e para os que obtiveron unha media igual ou superior a 8,5 no bacharelato e que se matriculen en calquera titulación da Universidade de Vigo.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se convocan bolsas e prazas nas residencias da UVigo no curso 2008/2009 20/05/08 Con data 20 de maio de 2008 publícase a Resolución Reitoral pola que se convocan prazas e bolsas de aloxamento para estudantes da Universidade de Vigo no curso 2008/2009.
|
||||||||
|
Aberto o prazo de matrícula nos Cursos de Extensión 2008 06/05/08 No apartado Cursos, pódese consultar o listado de Cursos Vigo e Ourense 2008.
|
||||||||
|
Curso de introdución á lingua amariña 06/05/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e a Oficina de Voluntariado e Integración colaboran coa Facultade de Filoloxía e Tradución na realización dun curso de lingua amhárica (lingua principal de Etiopía). Podedes consultar toda a información no apartado actividades.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se adxudica material informático en desuso 05/05/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes fai público o listado de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias de material informático en desuso.
|
||||||||
|
Resolución Reitoral pola que se fai pública a convocatoria para participar nas actividades do Campus Camp 08 10/03/08 A Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes acorda convocar prazas para que os fillos de pais e nais, mebros do P.A.S. e P.D.I. dos Campus de Vigo e Pontevedra da Universidade de Vigo, participen nas actividades do Campus Camp 2008.
|
||||||||
|
A Xunta de Galicia convoca as axudas ás asociacións de estudantes universitarios 12/03/08 A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Gallicia publica a convocatoria de axudas a asociacións de estudantes universitarios para o curso académico 2007/2008.
|
||||||||
|
A Xunta de Galicia convoca as axudas ás asociacións de estudantes universitarios 12/03/08 A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Gallicia publica a convocatoria de axudas a asociacións de estudantes universitarios para o curso académico 2007/2008.
|
||||||||
|
O Grupo de Voluntarios 8 de Marzo súmase ao Día da Muller Traballadora 04/03/08 A Oficina de Voluntariado e Integración da Universidade de Vigo desenvolverá, dende o 3 ao 7 de marzo, diversas actividades no Campus de Pontevedra co motivo do Día da Muller Traballadora. Podedes consultar as diversas iniciativas no apartado actividades.
|
||||||||
|
Novos Programas de Voluntariado para o 2º cuadrimestre do curso 2007/08 03/03/08 A Oficina de Voluntariado e Integración da Universidade de Vigo pon en marcha os novos programas de Voluntariado para o segundo cuadrimestre. Están dirixidos a todos/as aqueles estudantes que queiran ser voluntarios/as. A ONG Amarante, a Residencia Nosa Señora dos Milagros, a Asociación Xanela e a Fundación de Secretariado Xitano entre outros, participan na celebración destes programas. Podedes consultar todos os contidos no apartado actividades.
|